|
|
|||||
|
Chega un Baixel © Suso de Toro
Como todas as tardes naquela hora do serán, xa no pór do sol, o Minotauro, monstro híbrido, metade humano metade animal, daba voltas ao redor das grandes obras en construcción. Moitas veces lle tiña preguntado a Dédalo, o arquitecto que traballaba para o rei Minos, que obra era aquela tan estraña e distinta de todas as outras que había na illa de Creta. Sen embargo Dédalo nunca lle quixera contestar. Aquela tarde o arquitecto, cando o monstro pasou rondando entre pedras e canteiros que se apartaban temerosos do seu camiño, chamou por el: -¡Asterio! O
Minotauro sorprendeuse de que ese serán fose o arquitecto quen quixese falar con el e acudiu con lixeireza e gracia animal ao chamado de Dédalo. Parouse de par -Ou Asterio, tamén chamado Minotauro, este é un momento de debilidade miña, teño lástima de ti e iso lévame a desobedecer unha prohibición do noso rei Minos, que é pai teu e sen embargo non o é. -Minos é marido da miña nai, mais non é meu pai. Meu pai foi un boi branco que me fixo en miña nai. Ai, desgracia. -Lévasme preguntado moitas veces que construcción era esta e estame prohibido revelarcho, mais hoxe apiédome da túa desgracia e quero satisfacer a túa curiosidade. Esta grande obra é para ti. -¿Queres dicir que Minos perdoou á miña nai, Pasifea, e tivo lástima de min e por iso mandou construir esa rara obra, un pazo para min? -Ai, non, Minotauro. A carraxe de Minos non decae, e esta construcción
non é un pazo
-¿E
que culpa teño
eu se nacín monstroso?
¿Escollín eu
a miña natureza, decidín eu este aspecto meu que pon
terror? Eu
pago o pecado
dos meus pais. ¿Pensas que non
teño noxo
de min propio? Cando me achego a
beber na
-Ben podes ver que as obras xa están acabadas. Porque teño compaixón do teu destino revéloche que mañá o rei mandará ás súas tropas que te prendan e te encerren. ¿Ves aquela porta con arco alí? Esa será a porta que ninguén cruzará dúas veces. -Se me encerran aí eu volverei saír por ela de volta. -Non,
Minotauro, quen
entre non poderá saír. Puxen toda
a miña arte nesta
obra, fixen que
os ollos se
confundan con innúmeros corredores que dan -Así que mañá rematan os meus días na luz. A miña vida foi cruel e breve. E ti labraches o meu cárcere. -Eu nada máis obedecín ordes do meu amo... -¿E logo ti que ademais de construir edificios inventaches máquinas, figuras de madeira que teñen vida, non sairá do teu enxenio algo que me evite esa morada escura? - -Quén sabe, quizais así sexan menos crueis os meus días. Apartado dos humanos non verei o noxo e o temor nos seus rostos... -Pobre Minotauro, tamén eu teño un fillo, Icaro, tamén eu sei o que é a dor dun mozo coma ti, aínda que sexa un mozo monstroso. -Por ser monstro padezo máis, o meu corazón de touro é máis grande que se fose humano. -Eu farei unha cousa. ¿Hai alguén en que ti fíes a túa vida, que non te vaia delatar ao teu pai causando a túa ruina e a miña? -Hai. Ariadna, a miña medio irmá. Ela ten compaixón de min. Cando a mina soidade se me fai intolerábel, pois non hai outro coma min no mundo dos humanos ou no das bestas, e preciso do contacto sequera leve dalgunha carne vou xunto dela e ela acariña o meu lombo e acalma a miña desesperación. Tamén ela se sente soa nesta illa. É toliña de amores mais non ten a quen amar. -Dareille logo á Ariadna, a túa medio irmá, un novelo moi longo e brillante que se vexa ben nos corredores escuros. Con el na man ela poderá entrar a xunta túa e volver saír cando queira. Mesmo, se é noite e non hai luar, poderás asomarte fóra do labirinto coa condición de que tornes dentro antes do abrente. -Paréceme unha boa maneira de que o peso da miña condena sexa máis leve. Dese modo non temerei tanto entrar por esa porta ominosa. Alí ven a mina media irmá Ariadna, é preciso que ela saiba o noso propósito. A moza chegaba con pasos desnortados, traendo -Ariadna, miña media irmá querida. ¿Valeriasme ti se for precis para protexerme da ira do teu pai? -Meu pobre medio irmán, ¿e que non faría eu por amparte sequera un pouco do duro corazón do meu pai o rei Minos? Só contigo podo compartir a mina soidade. -Moza, ¿e logo non hai un pretendente que queira contigo pasar os seus días?-preguntou o arquitecto. -Os ciúmes do meu pai fixeron que prohibise a calquera mozo desta illa achegarse a min, e o meu corazón ten cobiza de amores. O meu ánimo amolece, os meus pasos andan sen norte e as miñas mans tecen guirnaldas para adorner unha frente que nunca vin por máis que percorrin a illa. Ai, esa frente nada máis a vin en soños. Nun soño no que alguén viña de lonxe nun barco, entón o mozo de frente clara raptaba o meu corazón e o meu entendemento. Perdido o senso, eu entregaba a illa e o mundo se for preciso para ser posuída por el. -Pobre Ariadna, ese día está lonxe. Hai moitos anos que non arriba ningún baixel á illa...Todos temen ao teu pai o feroz rei Minos.-Dixo Minotauro. Dédalo mentres os dous medio irmáns falaban enxergou ao lonxe na negrura do mar calmo e nouturno o facho de luz dun barco. Un barco que viña de lonxe, unha nave extranxeira que traía a bordo xente descoñecida e novos destinos. -Cómpre que marchedes os dous, -dixo el por axotalos de alí,-xa é noite cerrada e mañá entregarei a miña obra. Esta noite velarei a miña obra para despedirme dela e entregala enteira ao rei que pola mañá acudirá co seu exército. -Douche as gracias, arquitecto, por te apiadares de min. Ariadna, eu acompañareite ata os muros da cidade. Indo comigo ninguén se achegará a facerche mal e mentres camiñamos contareiche o que quero de ti, o meu destino está nas túas brancas e fráxiles mans. Mercé á túa axuda o meu cárcere será a miña protección e cruzarei o limiar da porta sen temor. A que marcharon a través do bosque, Dédalo contemplou achegarse aquela nave da Atenas despacio cara a costa. Un baixel traendo novos destinos aos habitantes daquela illa atormentada.
|
|||||